BannerGNight

setembro, 2021

02set(set 2)16:0004(set 4)13:30III XORNADAS VIDEOXOGO E LITERATURAFESTIVAIS E FEIRAS | De balde16:00 - 13:30 (4) MARCO

Detalles do eventos

As Xornadas Videoxogo e Literatura é unha actividade transversal da Fundación CC que se raliza dende o ano 2019 no MARCO de Vigo. O obxectivo é explorar as interrelacións entre un sector cultural e creativo consolidado e de longa tradición como o relacionado coa literatura e outro emerxente e puxante como o sector cultural e creativo do lecer interactivo. Pretende tamén ampliar o coñecemento público do sector, debullar as perspectivas de crecemento e integración do videoxogo na cadea cultural e apuntar retos e desafíos dos seus profesionais. Nesta terceira edición consolídase a transversalidade do evento, incluíndo mesas redondas e faladoiros, talleres, master class, mostra interactiva e música en vivo. No transcurso destes anos, o ámbito das Xornadas ten sobardado as fronteiras da nosa CA, atraendo o talento de novos poñentes e a atención dun maior número de expectadores foráneos.

Despois do acto de inauguración das 16:00 h., a sesión de apertura abordará os comezos e a evolución do audiovisual interactivo en España, da man de  Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Gilberto Sánchez, director académico da Área de Videoxogos da U-tad). A U-tad [www.u-tad.com] é o Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital e está na CA de Madrid. Gilberto Sánchez foi en tempos (de 1993 a 2002) director de Anaya Interactiva, coincidindo os primeros anos con Víctor Freixanes, que era director de Alianza Editorial, e ambas empresas pertencían ao mesmo grupo empresarial.

A 2ª sesión do día, “Os Esports en Galicia e España”, é unha mesa redonda a catro voces na que merece salientarse a presenza de Sandra Cabeza (Leviathan), que ten máis de 200.000 seguidores en Twitch (fichou hai pouco polo equipo Vodafone); e Hugo Botana, director do equipo galego Kings Dragon Sports. O día rematará coa apertura da exposición “A literatura entra en xogo”, unha instalación experimental preparada pola Fundación MUVi (Museo do Videoxogo de Galicia), con 15 pezas ou equipos relacionadas con libros famosos, para que os visitantes xoguen e practiquen por si mesmos. Ademais, haberá un concerto en vivo da pianista Andrea García, que tocará diversos temas utilizados nos máis famosos videoxogos. Este evento musical é o primeiro do proxecto “Música e Videoxogos”, organizado polo MUVi e Recuncho Gamer co patrocinio do concello de Cangas, e que por especial deferencia vaise celebrar nas Xornadas, no MARCO. Tamén merece salientarse a participación nas sesións dos días seguintes, entre moitos outros, de Ramón Besonías, profesor do Instituto San José de Badajoz, experto en estratexias de comunicación visual; de Esther Estévez, presentadora do programa “Dígocho eu” da TVG; e máis de Antonio Gil, profesor de Literatura Comparada da USC, especialista en transmedia.

Máis

Hora

2 (Xoves) 16:00 - 4 (Sábado) 13:30

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

X