III Marcha Ciclista Popular Montes de Vigo – A Movida

xullo, 2018

08xul11:00III Marcha Ciclista Popular Montes de VigoMARCHA CICLISTA | De balde11:00 Parque Forestal de Saiáns

Máis

Detalles do evento

Un ano máis A Asociación A Golpe de Pedal en colaboración con Montes de Vigo e este ano coa colaboración especial de El Corte Inglés chega a III Marcha Ciclista Popular Montes de Vigo. Un paseo en bicicleta para descubrir as áreas forestais que rodean a cidade.
Para este ano temos previsto o seguinte programa para o domingo 8 de Xullo.

– 10:00. Entrega de Dorsais.
– 11:00. Saída primeira parte da Marcha, de Saians a Fragoselo, de dificultade baixa, apta para todos os públicos.
– 11:30. Acto homenaxe aos Montes de Vigo en Fragoselo.
– 12:15. Fin da primeira parte da ruta e avituallamento.
– 12: 30.
Opción 1: Realización da segunda parte da ruta en bicicleta, subida ao mirador do alto da Bandeira e ao parque forestal de Coruxo e volta por Fragoselo.
Opción 2: Visita a pé ao Castro da Estea e volta ao Parque Forestal de Saians.

– 13:30. Finalización da ruta.

-14:00. Comida – churrascada no parque forestal de Saians. Opcional, cun custo de 10€, necesario anotarse no formulario de inscrición da marcha.

Súbete á bici, súbete ao monte A Golpe de Pedal.

Hora

(Domingo) 11:00

Lugar

Parque Forestal de Saiáns

36390 Vigo, Pontevedra

X