outubro, 2019

19out20:00III Festival RockFESTIVAIS E FEIRAS | 25,00€20:00 IFEVI

Máis

Detalles do evento

Chega a Vigo a III edición do Festival de Rock organizado polo IFEVI. Nesta ocasión gozaremos coas actuacións de grandes grupos como SOBER, ÑU, O FUNKILLO, MOTORES e QUARZUM, ademais de moitas sorpresas máis.

SÔBER

Sôber é unha banda madrileña formada a principios de 1993 .

Sôber significa sobrio, e a sobriedade é unha das características máis notables do grupo, combinando a potencia musical coa melodía vocal, ademais da súa característica e orixinal posta en escena.

Antonio Bernardini – Guitarra
Carlos Escobedo – Voz e baixo
Jorge Escobedo – Guitarra
Manu Reyes – Batería

ÑU

Grupo formado en Madrid en 1974. Jose Carlos Molina, compositor, cantante e flautista é o único membro que permaneceu durante os 45 anos de traxectoria.

O FUNKILLO

En 2018, 20 anos despois da súa creación, O Funkillo reapareceron ao grande coa FORMACIÓN ORIXINAL formada por Andreas Lutz (Voz), Pepe Bao (Baixo) e Javi Marssiano (Guitarra), coa incorporación de Anye Bao á batería. Os creadores do “Funky Andaluz Embrutessío” volveron cun disco dobre con todos os seus éxitos gravados de novo con colaboracións de luxo que foi un punto e aparte na súa carreira: “20 Años Ajierro & 30 Amigos Embrutessío’”( Spyro music, 2018), coa distribución de Maldito Records; é un disco dobre que lles levou a virar por toda España de novo enchendo as salas do país e estando de novo nos festivais máis importantes.

Que ocorrerá en 2019?

Neste inicio de 2019 anuncian DOCUMENTAL que resumirá os seus 20 anos de carreira e que pechará unha etapa. Ademais o 1 de Marzo lanzarán o primeiro single «Tengo que Madurar», parodia do « Stayin´ Alive» dos Bee Gees, canción que é toda unha declaración de intencións por parte dunha banda que alcanzou a madurez musical e persoal. Unha banda moito máis adulta, moito máis rodada, con novos horizontes e novas responsabilidades, cargada de profesionalidade, pero sobre todo, coa enerxía de sempre.

MOTORES

Banda de rock formada en 1990 con 10 discos no mercado, que 28 anos despois reúne a tres dos membros orixinais para grabar Si quieres un amigo cómprate un perro coa colaboración de artistas como Javier Vargas ou Miguel Costas.

QUARZUM

Quarzum comeza a súa andaina en 2012 recuperando o heavy metal máis clásico. A formación iníciase con David Lago e David Zabala á guitarras, Adolfo “Fito” ao baixo, Carlos Grande como vocalista e Fran á batería. Despois dun tempo, decídese substituír a Fran por Remigio Davila (Remi), ata que en 2015 a banda sepárase temporalmente.

O 2019 tráenos unha sorpresa, a incorporación de Oky á voz. Con isto a formación volve estar completa e espérase que sexa a formación final que faga despegar á banda. Así, a formación actual compóñena:

David Lago (guitarra solista e rítmica)
Damián Pena (guitarra solista, rítmica e coros)
Diego Carreira (baixo)
Diego Maya (batería)
Oky (voz)

Hora

(Sádado) 20:00

Lugar

IFEVI

Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra

X