
25abr08:5508:55III FESTIVAL CIENTÍFICO CINVIGO08:55 - 08:55(GMT+02:00) Porta do Sol
Detalles do eventos
Tras o éxito acadado en anteriores edicións, o festival científico CinVigo volve á Porta do Sol. Organizado polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da
Detalles do eventos
Tras o éxito acadado en anteriores edicións, o festival científico CinVigo volve á Porta do Sol. Organizado polo CINBIO, o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo, este evento pretende achegar o coñecemento científico á sociedade, fomentando as vocacións científicas entre a cativada e a mocidade.
A terceira edición do CinVigo ofrece numerosas actividades para desfrutar en familia como a feira científica, obradoiros infantís, unha xincana inclusiva e varios espectáculos. Porén, o máis destacable é a feira, onde máis de 250 estudantes da ESO, bacharelato e ciclos formativos de FP competirán con 70 proxectos para gañar premios como unha bolsa de apoio para os estudos universitarios, a participación noutra feira similar ou unha estadía no CINBIO. Todos eles defenderán as súas creacións ante o xurado oficial e o público nos denominados ‘minutos de ouro’, que terán lugar o sábado, 26 de abril, entre as 16:30 e as 18:00 h. Neste artigo falamos con algúns profesores dos colexios participantes que nos contan os beneficios de participar neste tipo de festivais.
OBRADOIROS CIENTÍFICOS INFANTÍS:
Para as e os máis cativos e cativas da casa, entre os 3 e os 12 anos, o CinVigo programou unha serie de obradoiros científicos infantís, nos que poderán participar, xogar, gozar e aprender a través de actividades deseñadas seguindo metodoloxías de aprendizaxe activo que os converterán en científicos e científicas por un día. Crear pulseiras sensibles á luz ultravioleta, explorar as propiedades da electricidade mentres constrúen circuítos con plastilina condutiva ou explorar os mundos microscópicos serán algunhas das experiencias que lles permitirán descubrir o asombroso mundo da ciencia.
Unha gran carpa acollerá estes divertidos experimentos, que estarán dispoñibles en diferentes quendas de participación de 11.00 a 14.10 h e de 16.00 a 19.20 horas durante a xornada do sábado 26 e de 11.00 a 12.30 horas o domingo 27 de abril. Para poder participar, de xeito gratuíto, será necesario inscribirse previamente a través desta ligazón.
XINCANA CINVIGO HOLMES
Os máis curiosos e curiosas poderán converterse en detectives por un día e descubrir a ciencia dunha maneira emocionante na xincana CinVigo Holmes polas rúas de Vigo, organizada polo CINBIO e adaptada a persoas con diversidade funcional grazas á colaboración da asociación DisCamino. Esta actividade, pensada para que a mocidade e o público familiar amosen as súas habilidades nun xogo de pistas, dará comezo o sábado 26 ás 11.00 horas e concluirá sobre ás 13 horas. Para participar é preciso realizar inscrición previa desde a páxina web do evento.
GRUPOS DE TRABALLO DO CINBIO:
O programa de actividades da terceira edición de CinVigo complétase con outras propostas paralelas que o converten nun festival para todos os públicos. Ao longo das dúas xornadas, as persoas que se acheguen ata a Porta do Sol poderán visitar os postos informativos e divulgativos do CINBIO e coñecer de preto o labor investigador desenvolvido polas científicas e científicos de grupos de investigación punteiros como o de Química Orgánica (ORCHID), o de Comunicación celular en cancro e en enfermidades asociadas á idade (CellCOM), TeamNanoTech (TNT), o grupo de NanoBioMateriais Funcionais (FunNanoBio), o de Evolución Molecular Computacional (CME) ou o de Física e Química de Materiais (MCPG).
ESPECTÁCULO CIENCEANDO
Ademais, o espectáculo Cienceando, que tamén conta coa colaboración da FECYT, será o encargado de pechar a xornada do sábado a partir das 19.00 horas. Esta proposta, que ofrecerá un percorrido pola historia da ciencia a través de demostracións e experiencias espectaculares que permitirán, por exemplo, coñecer a natureza do lume, contará cunha nova sesión que terá lugar no escenario do festival ás 12.00 horas do domingo.
CinVigo. Ciencia na rúa é posible grazas á financiación da Xunta de Galicia e da Unión Europea, ademais de contar co apoio do Consello Social da Universidade de Vigo, do Concello de Vigo, da Autoridade Portuaria de Vigo e outras entidades como Radio Vigo, Büchi, Jasco, Frutas Nieves, ou Portomédica, que se suman á colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Ademais, CinVigo tamén conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade a través do Plan Corresponsables.
Máis
Hora
25 abril, 2025 08:55 - 08:55(GMT+02:00)
Localización
Porta do Sol
Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual