12abr18:00Festival Bembrive en Péfestivais e feiras | Desde 6,00 €18:00(GMT+02:00) Bembrive
Detalles do eventos
O 12 de abril a música volve soar en Bembrive para defender os seus espazos naturais e impedir a construcción do novo vial. O Festival Bembrive en Pé,
Detalles do eventos
O 12 de abril a música volve soar en Bembrive para defender os seus espazos naturais e impedir a construcción do novo vial. O Festival Bembrive en Pé, que celebra a terceira edición, naceu para recadar fondos destinados aos gastos xurídicos e aos estudos técnicos medioambientais necesarios para defender Bembrive fronte ao proxecto da nova A-52 e o seu túnel, unha infraestrutura que, en palabras da plataforma “podería destrozar parte da parroquia e unha zona de gran valor natural e de biodiversidade”.
Actuacións:
Buxandaina — Folk sinfónico
Grupo Abril — Música tradicional galega
Tino Baz e Fernando Brea
Haberá sorteos e unha poxa dun valioso instrumentos musical, un pito pastoril doado polo seu creador Xaime Rivas.
Bembrive en Pé é unha plataforma de organización veciñal que se opón á ampliación da autovía A-52 que atravesaría o seu núcleo urbano para unir Puxeiros coa Avenida de Madrid. A plataorma cidadá reclama a liberación da peaxe da AP-9 como medida para aliviar o tráfico da A-52 e prevenir a súa ampliación, un proxecto que, a falta de coñecerse a versión definitiva, inclúe unha estrada principal, dúas grandes rotondas e un túnel que atravesaría a parroquia. A través de mobilizacións, campañas informativas e presentación de alegacións, a plataforma busca defender o patrimonio natural, como o río Eifonso, e a calidade de vida da veciñanza.
Entradas 6,00 € adultos, 3,00 € nenos.
Hora
12 abril, 2026 18:00(GMT+02:00)
Localización
Bembrive
Estrada de Bembrive, 260, 36313 Vigo, Pontevedra


