setembro, 2019

21set(set 21)19:0022(set 22)19:30III Festival ArxentinoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00 - 19:30 (22) Auditorio da OMD Teis

Máis

Detalles do evento

III edición do Festival Arxentino en Vigo “Miña terra, Arxentina e Galicia” que se celebra o sábado 21 e domingo 22 no Auditorio Municipal de Teis. Entre as novidades deste ano destaca que o festival terá dúas xornadas, unha exposición de pintura e unha conferencia sobre a figura de Jorge Luís Borges a cargo do escritor Pedro Crenes. Tamén este ano inclúese na programación unha agrupación profesional de baile folclórico arxentino. E como en edicións anteriores, o tango terá un lugar destacado. A entrada ás dúas xornadas é libre e gratuíta ata completar o aforo, estando prevista a apertura de portas ás 18.30 e o inicio das actuacións ás 19 horas.
O festival conta desde este ano co recoñecemento de Interese Cultural por parte da Secretaría de Goberno de Cultura do Ministerio de Educación, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía da República Arxentina.

Hora

21 (Sádado) 19:00 - 22 (Domingo) 19:30

Lugar

Auditorio da OMD Teis

Rúa Maceiras, S/N, 36207 Vigo, Pontevedra

X