Detalles do eventos
A explanada do Náutico acollerá entre os días 24 e 26 de xullo a terceira edición da Festa do Viño Galego, un evento que reunirá en Vigo adegas
Detalles do eventos
A explanada do Náutico acollerá entre os días 24 e 26 de xullo a terceira edición da Festa do Viño Galego, un evento que reunirá en Vigo adegas de distintas denominacións de orixe de Galicia, propostas gastronómicas e actuacións musicais en directo.
A cita, de acceso gratuíto, contará coa participación dunha ducia de adegas: Vía Arxéntea, Santa Virxen dos Remedios, Bodegas Don Bernardino, Bodegas D’Berna, Bodega Pontecabaleiros, Bodegas Rectoral de Amandi, Bodega Mauricio Lorca, Gran Bazán, Ladairo, Tapias Mariñán, Bodega Rectoral do Umia, Bodega Alanís e Lingua Loaira.
Ademais da oferta enolóxica, o recinto contará con postos de restauración como Croquetísima, Delirio, Bolo do Caco, Creps Carlos, Santa Bárbara, Bico de Xeado ou Tropicana,con pratos pensados para acompañar os viños do evento.
A programación completarase cun Concurso de Bandas e actuacións en directo de artistas como JuanMa, EVA 10, Pablo Cerviño, El 4º Sentido, Ronseya & Nick Pacheco Jr., Mañana Viernes, No All Kansas e Kaf durante as tres xornadas da festa.
O acceso é gratuíto e pódese degustas a comida e bebida ao noso ritmo, pero tamén hai dúas propostas de experiencias máis completas: o Viñopass e a Zona VIP. O bono Viñopass inclúe a copa oficial de cristal da Festa do Viño Galego e cinco degustacións, unha correspondente a cada unha das denominacións de orixe galegas. Ademais, o pase dá acceso á participación nun sorteo de estancias en cabanas de bosque e bonos de spa e benestar en Moaña.
A Zona VIP está pensada para quen prefira gozar do evento con maior comodidade e ambiente exclusivo. Esta modalidade inclúe acceso a un espazo reservado, mesa durante toda a experiencia, atención personalizada e servizo sen colas. O paquete complétase cun menú composto por un entrante a escoller entre distintas táboas de queixos e friames, un prato principal procedente dos postos gastronómicos participantes, sobremesa, café e unha botella de viño.
Hora
24 xullo, 2026 12:00 - 26 xullo, 2026 23:59(GMT+02:00)
Localización
Montero Ríos
Rúa Montero Ríos 36201 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


