31xul07:3007:30Festa da Cervexa07:30 - 07:30(GMT+02:00) Real Club Náutico de Vigo
Detalles do eventos
A Festa da Cervexa regresa á Explanada do Náutico de Vigo cunha nova edición que converterá este espazo nun punto de encontro para os amantes da cervexa, a
Detalles do eventos
A Festa da Cervexa regresa á Explanada do Náutico de Vigo cunha nova edición que converterá este espazo nun punto de encontro para os amantes da cervexa, a gastronomía e a música en directo entre o venres 31 de xullo e o domingo 2 de agosto. Durante tres días poderanse degustar cervexas artesás galegas e referencias internacionais, acompañadas dunha ampla oferta gastronómica e concertos ao longo de toda a fin de semana.
Antes, o xoves 30, a organización ten preparada unha gran pre-festa a partir das 18:00 h, na que se convidará a cervexa Keller a todos os asistentes durante as dúas primeiras horas (ata fin de existencias e co requisito de adquiri o vaso oficial da festa). Este evento inaugural será amenizado coa música do DJ Álex G.
As marcas de cervexa participantes nesta edición son Estrella Damm e as galegas Menduiña, Banda e Madroa. No apartado gastronómico participan diferentes postos de comida que ofrecerán desde hamburguesas e comida tradicional ata creps e postres artesanais. Os negocios participantes son: Croquetísima, Delirio, Bolo do Caco, Creps Carlos, Santa Bárbara, Bico de Xeado, Tropicana, É bo,¡ e Mondial Forni.
A programación inclúe tamén un Concurso de Bandas con actuacións de grupos como Antifrágil, Karma Animal, Ksais, Seitura, Edgar Allan Pop, The Twinpims, Rukan, Tony Delgado Trio e Rayanos. Ademais, os asistentes poderán adquirir o BirraPass, que inclúe degustacións de cervexa e acceso a diferentes vantaxes e sorteos.
Hora
31 xullo, 2026 07:30 - 07:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
agosto


