ORQUESTRA CLÁSICA

Este é un evento repetitivo

11abr11:0021:00terceiro encontro de lutería galegoactividades para o coco | de balde11:00 - 21:00(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

Despois de dúas edicións en Santiago de Compostela, o III Encontro Profesional Galego de Construción de Instrumentos Musicais celebrarase do 11 e 12 de abril en Vigo, concretamente na EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios). Desde a Asociación LABRA, organizadora do evento, decidiuse converter este evento en itinerante co obxectivo de “promocionar o traballo dos lutieres profesionais en Galicia”. A escolla da EMAO non é fortuíta, polas aulas deste edificio histórico parasaron unha gran cantidade de lutiers galegos na súa etapa de formación.

O evento, de balde e aberto a todo o público, acolle unha ampla mostra de instrumentos musicais, ponencias, debates, charlas e moita troula.

SÁBADO 11 DE ABRIL

  • 11:00 / Apertura da mostra.
  • 11:15 – 12.15 / Micro aberto: Oli Xiraldez: “A gaita de Barquín”.
  • 12:30 – 14:00 / Faladoiro: “Dalle á manivela! Introducción a música mecánica”, por Germán Díaz.
  • 14:15 / Peche da mostra.
  • 16:30 / Apertura da mostra.
  • 16:45 – 17:30 / Faladoiro: “A Escola de Luthería de Bilbao (BELE)”, con Ander Arroitajauregi (luthier e profesor de BELE).
  • 17:45 – 18:45 / Mesa redonda: “As escolas de construcción de instrumentos en Galicia: presente e futuro”. Participantes: Alejo Marra (Escola da Deputación de Ourense), Xaime Rivas e Carlos Corral (Escola de Artes e Oficios de Vigo), Ander Arroitajauregi (Escuela de Luthería de Bilbao BELE) e José Catoira (Cambridge Violin Makers) Modera: Marga Tojo
  • 19:00 – 20:00 / Faladoiro: Presentación do libro Herminio de Villaverde. A trompa na Fonsagrada, un traballo sobre o birimbau en Galicia, co autor Javier María López e o editor Ramón Almuinha (aCentral Folque).
  • 20:30 – 21:00 / Ao vivo: Os Canallas: “Música das Rías Baixas”.
  • 21:00 / Peche da Mostra.

DOMINGO 12 DE ABRIL

  • 11:00 / Apertura da mostra.
  • 11:30 – 12:00 / Micro aberto: Pablo Sánchez: “Restauración da mandolina REX da Fundación Vicente Risco”.
  • 12:30 – 14:00 / Faladoiro: “Da Universidade Popular á ETRAD: Historia dun proxecto que fixo escola”, por Anxo Pintos. Tras o faladoiro o grupo PARBÖ tocará unhas pezas.
  • 14:15 / Peche da Mostra.
  • 16:30 / Apertura da mostra.
  • 17:00 – 18:00 / Faladoiro: “Restauración dun violín do Fondo Gaos do Concello da Coruña: técnicas tradicionais e técnicas contemporáneas aplicadas á restauración de instrumentos”, por Anxo Cabreira e Lena zum Egen
  • 18.15 – 18.45 / Micro aberto: O Reberete: “A evolución da tradición nos instrumentos tradicionais”.
  • 19:00 – 19:30 / Micro aberto: Ricardo Ramos: “El cuatro puertorriqueño: voz del alma boricua y su evolución sonora”.
  • 19:30 / Peche da Mostra

Hora

11 abril, 2026 11:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events