Detalles do eventos
Promovido polo Club Peña Trevinca, coa colaboración da Universidade e do Concello de Vigo o III Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade
Detalles do eventos
Promovido polo Club Peña Trevinca, coa colaboración da Universidade e do Concello de Vigo o III Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade Vigo desenvólvese entre os días 19 e 21 de marzo no Auditorio do Concello.
Nesta ocasión, o encargado de abrir o ciclo será o veterano alpinista e escalador Carlos Soria, unha referencia nacional pola súa ampla experiencia no montañismo. A segunda xornada contará co recoñecido documentalista da natureza Joaquín Araujo e pechará o ciclo a directora científica do BC3 (Basque Centre for ClimateChange) Mª José Sanz. Este ciclo, que se celebra con motivo do Día Mundial do Clima (26 de marzo), é unha aposta da vogalía de Medio Ambiente do Club Peña Trevinca, da que é responsable Cristina Fernández, investigadora do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da UVigo.
O obxectivo é, a través desta colaboración coa UVigo e o Concello, potenciar a sensibilización ambiental a través dun programa orientado a toda a cidadanía de Vigo e da contorna.
PROGRAMA:
Martes 19 – ‘Nunca hay que rendirse’ con Carlos Soria
Dos cumes do planeta á emerxencia e colapso climática o montañeiro Carlos Soria será o encargado de abrir esta terceira edición do ciclo, o día 19 no Auditorio do Concello. Como destacan desde Peña Trevinca, Soria “aglutina todos os valores esenciais do montañeiro con maiúsculas: a humildade, o esforzo sen límites, o compañeirismo, a gratitude, o sacrificio solidario e o optimismo” e, aos seus 85 anos, “segue desprendendo unha vitalidade incrible e a súa visión pode ser moi
significativa para o nos colectivo”, en palabras de Cristina Fernández. O xornalista de Faro de Vigo Armando Álvarez será o encargado de presentar un documental, a través do que Soria fará que o público “viaxe ao longo da súa impresionante vida na alta montaña, desde os seus inicios con 15 anos ata o día de hoxe, onde permanece perenne o espírito da súa mocidade”. Na década de 1970 Soria formou parte das primeiras expedicións españolas ao Himalaia e ascendeu con éxito 12 oitomiles, ingresou na Real Orde do Mérito Deportivo e obtivo a Medalla de Prata ao Mérito Deportivo do CSD.
Mércores 20 – ‘Cultivando colapsos’ con Joaquín Araujo
A segunda xornada terá como convidado ao recoñecido naturalista e documentalista da natureza Joaquín Araujo. Ademais de traballar con Félix Rodríguez de la Fuente, conta cunha dilatada traxectoria profesional dedicada á difusión ambiental como director e guionista de 340 programas e documentais de televisión, con 120 libros publicados e case outros tantos como coautor e máis de 2500 publicacións en 159 revistas da natureza. O seu labor ambiental foi recoñecido co Premio Global 500 da ONU e é o único español galardoado dúas veces co Premio Nacional de Medio Ambiente. Na súa intervención, fará un repaso sobre a importancia da auga e dos bosques para a vida no planeta, poñendo énfase no colapso
hídrico que poderiamos padecer de non mudar os nosos hábitos. Nesta sesión estará acompañado por Juan J. Hermida, director do Instituto de Estudos Miñoráns.
Xoves 21 – ‘Cambio climático, desafío y oportunidad’ con Mª José Sanz
A encargada de pechar o ciclo, o día 21, será a científica Mª José Sanz, directora do Centro Vasco para o Cambio Climático (BC3) e membro da delegación española no Panel Intergobernamental entre 2001 e 2006 para o Cambio Climático (IPCC), como integrante do cal recibiu o Premio Nobel da Paz en 2007, que será presentada polo catedrático en Ecoloxía e Bioloxía Ambiental da UVigo e investigador do Centro de Investigación Mariña, Emilio Fernández. Especializada en contaminación atmosférica, “falará sobre a problemática do cambio climático, pero non só desde o punto de vista desafiante”, como destacaba a vogal de Medio Ambiente do club, senón tamén analizando as oportunidades que representa o momento actual “para avanzar cara a neutralidade climática que sexa xusta e responsable”.
Todas as actividades son de acceso gratuíto e se desenvolverán no Auditorio do Concello ás 20:00 h.
Hora
19 marzo, 2024 20:00(GMT-11:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


