decembro, 2019

03dec19:00III Certame de Arte P L A S T I K A 19ARTE E MUSEOS | De balde19:00 Museo do Mar

Máis

Detalles do evento

O “Certame Internacional de Arte PLASTIKA” consolídase en Vigo. A intención é sumar creando redes con artistas, institucións, espazos creativos, público… para así xerar comunidade traballando pola diversificación e divulgación cultural.

Este ano contan coa participación do Museo do Mar de Galicia, onde se exporá a mostra resultante da selección do xurado e coa colaboración da Deputación de Pontevedra na impresión do catálogo.

Inauguración: MARTES 3 de decembro.
Clausura e fallo do xurado: SÁBADO 11 de xaneiro.

A mostra poderá visitarse TOTALMENTE DE BALDE, no espazo adicado ás exposicións temporais do Museo e permanecerá aberta ao público do 3 de decembro de 2019 ao 11 de xaneiro de 2020 no horario de apertura habitual do museo

(martes a venres de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 19:00 e sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 a 17:00 a 20:00 , excepto 24 e 31 decembro e 5 xaneiro abren só de mañá, 25 decembro e 1 de xaneiro pechan)

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

X