O evento xa tivo lugar!
II Xornadas sODStendo o planeta: 'Outro desenvolvemento é posible'
Detalles do eventos
As II Xornadas sODStendo o Planeta, articuladas tematicamente en torno aos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concíbense coma un espazo de encontro entre entidades sociais da nosa contorna
Detalles do eventos
As II Xornadas sODStendo o Planeta, articuladas tematicamente en torno aos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concíbense coma un espazo de encontro entre entidades sociais da nosa contorna e a universidade para sensibilizar e reflexionar sobre algúns dos retos pendentes da humanidade cara a consecución destes obxectivos. Estas xornadas desenvolveranse todos os xoves de maio, de xeito virtual a través de Campus Remoto e están dirixidas a todos os membros da comunidade universitaria e ao público xeral.
O segundo taller de Axenda 2030. II Xornadas sODStendo o planeta está dedicado ao Ámbito da prosperidade: outro desenvolvemento é posible. O obradoiro contará coa participación do investigador da Universidade de Vigo Mario Pansera, gañador dunha axuda Starting Grant do Consello Europeo de Investigación, que se centrará no papel desempeñado polas organizacións autoxestionadas; de Diego Lores, responsable da Oficina de Dereitos Sociais Colectivo Baladre, que falará sobre renda básica; Miguel Braña, da entidade Reas Galiza de Banca Ética, e Laura Salies e Mario Puccini, que se centrarán no tema dos supermercados cooperativos
O taller pode seguirse en directo a través da canle 3 de UVigoTv.
Xoves 13 ás 16:00
PROGRAMACIÓN
- 6 de maio: Ámbito do planeta
- 13 de maio: Ámbito da prosperidade. Outro desenvolvemento é posible
- 20 de maio: Ámbito das persoas. A educación
- 27 de maio: Ámbito das persoas. As migracións humanas
Máis
Hora
13 maio, 2021 16:00 - 18:00(GMT+01:00)
Detalles do evento virtual
RUN
Séguenos nas redes