II Xornadas sODStendo o planeta: 'A educación'

20mai16:0018:00II Xornadas sODStendo o planeta: 'A educación'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00 - 18:00(GMT+02:00)

Detalles do eventos

As II Xornadas sODStendo o Planeta, articuladas tematicamente en torno aos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concíbense coma un espazo de encontro entre entidades sociais da nosa contorna e a universidade para sensibilizar e reflexionar sobre algúns dos retos pendentes da humanidade cara a consecución destes obxectivos. Estas xornadas desenvolveranse todos os xoves de maio, de xeito virtual a través de Campus Remoto e están dirixidas a todos os membros da comunidade universitaria e ao público xeral.

O terceiro taller de Axenda 2030. II Xornadas sODStendo o planeta está dedicado ao ámbito das persoas: a educación. Contarase coa participación do decano da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid, que fará a intervención A educación,  un dereito irrenunciable e de Rafael Veiga e José Luis Barreiro, da Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación, CME-Galicia.

O taller pode seguirse en directo a través da canle 3 de UVigoTv.

Xoves 20 ás 16:00

PROGRAMACIÓN

  • 6 de maio: Ámbito do planeta
  • 13 de maio: Ámbito da prosperidade. Outro desenvolvemento é posible
  • 20 de maio: Ámbito das persoas. A educación
  • 27 de maio: Ámbito das persoas. As migracións humanas

Máis

Hora

(Xoves) 16:00 - 18:00(GMT+02:00)

Detalles do evento virtual

O evento xa tivo lugar!