II RetroVigo – A Movida

setembro, 2018

22set(set 22)12:00II RetroVigoEXPOSICIÓN | De balde12:00 Aula D

Máis

Detalles do evento

Os días 22 e 23 de setembro a partir das 10:30 h na escola de deseño Aula D (rúa Elduayen 36. Escaleiras en Baixada ó Forte) dará comezo a II edición do evento de lecer electrónico máis importante da cidade olívica: RetroVigo.

A parte da sempre fiel exposición xeral de consolas antigas e microordenadores, así como a zona de xogo libre, que tanto éxito tiveron na primeira edición, haberá nesta e en futuras edicións un tema concreto a desenvolver en charlas e torneos especiais. O tema desta II edición é o xénero de videoxogos: “ Beat ́ em up”, coñecido tamén como “eu contra o barrio”, un xénero no que destaca o combate corpo a corpo entre o xogador/heroe e un gran número de viláns. Para abordar este tema programáronse dúas charlas cun pequeno debate ao final de cada unha delas e un torneo específico de Beat’ em up.
BEAT ́ EM UP: Eu contra o barrio. Orixes e títulos destacados. Día 22, ás 12:00 h, impartida por Jacobo e Galo Martínez, fundadores de Museo Barité.
BEAT ́ME DOWN: O puño das compañías na cara do xogador. O bochorno dalgúns xogos. Día 22, ás 13:00 h, impartida por Andrés de Pedro, presidente de Retro Galaicos.
TORNEO ESPECIAL BEAT ́ EM UP, Street of Rage 2: O xogo estará dispoñible para todo aquel que queira probar a súa habilidade. Ao final do evento o gañador/para será elixido pola súa puntuación máis alta e recibirá o seu correspondente premio. Para os que queiran seguir gozando dos mamporros tamén se celebrarán outras competicións amigables que anunciaremos durante o evento.

Hora

22 (Sádado) 12:00

Lugar

Aula D

Rúa Elduayen, 36, 36202 Vigo, Pontevedra

X