Detalles do eventos
A II Mostra de Teatro Amador TE AMA Vigo continúa esta fin de semana no Auditorio do Concello cunha nova dobre sesión dedicada ao teatro afeccionado galego. A
Detalles do eventos
A II Mostra de Teatro Amador TE AMA Vigo continúa esta fin de semana no Auditorio do Concello cunha nova dobre sesión dedicada ao teatro afeccionado galego. A programación achega dúas propostas moi diferentes: por unha banda a comedia de enredo Que farían sen min?, de Porta Aberta, e por outra A Rata, a nova montaxe de Troate Laboratorio.
O sábado, Porta Aberta presenta Que farían sen min?, unha historia centrada en Ana, unha muller da que semella depender todo o mundo ao seu redor: a súa familia, o seu marido ou mesmo a veciñanza. A chegada dun amor da mocidade fará tambalear esa rutina nunha comedia que reflexiona sobre os soños, os afectos e a necesidade de recuperar a ilusión. O domingo será a quenda de A Rata, unha proposta máis simbólica e escura de Troate Laboratorio que utiliza a figura da rata como metáfora para explorar o poder, a vulnerabilidade e a condición humana.
Hora
20 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Concello de Vigo
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


