II MATCH IMAXINATEA DE IMPROVISACIÓN TEATRAL

28feb20:00II MATCH IMAXINATEA DE IMPROVISACIÓN TEATRALESPECTÁCULOS20:00(GMT+01:00) La Pecera

Detalles do eventos

Un match de improvisación teatral é unha competición entre “equipos” de actrices e actores . Ten as súas orixes en Canadá nos anos setenta e de aí estendeuse por toda Latinoamérica, principalmente Arxentina, para dar posteriormente o salto a Europa. Hai competicións rexionais, nacionais e ata mundiais de improvisación.

A Escola de Teatro Imaxinatea organiza por segundo ano consecutivo este formato competitivo de representación teatral, o II MATCH IMAXINATEA DE IMPROVISACIÓN TEATRAL. Este ano contan con ata seis equipos de catro a seis persoas que competirán nun sistema de liguiña en dous grupos de tres . Os enfrontamentos serán da dous en Impro comparada (os dous equipos improvisan sobre un mesmo tema coas mesmas premisas) . O público vota a man alzada. A cada gañador outórganselle tres puntos e se hai empate un punto. Unha vez queden ordenados en cada grupo enfróntanse primeiro con primeiro, segundo con segundo e terceiro con terceiro de cada grupo.

O martes 28 ás 20:00 en La Pecera. A entrada e libre.

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+01:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events