Este é un evento repetitivo

II FESTIVAL COMEDIÁRTIKO: 'DÚO VAGUEDADES'

03out20:00II FESTIVAL COMEDIÁRTIKO: 'DÚO VAGUEDADES'ESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

‘Dúo Vaguedades’, de Isabel Risco e Fran Rei

SINOPSE
Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.
Durante o espectáculo sucédense unha serie de reflexións e titoriais (de Youtube) sobre, entre outras, a nosa teima de contestar a unha pregunta con outra pregunta, o valor da dúbida permanente, como ligar correctamente nunha verbena ou discoteca, a retranca ou como enfrontarse ás redes sociais e ás aplicacións máis avanzadas con mentalidade decimonónica. E todo isto visto desde a gran autoridade moral que atesouran estas dúas figuras imprescindibles da nosa cultura, que viaxan no tempo e no espazo para a ocasión. 

Hora

  • Sábado 2 de setembro ás 20:00h
  • Domingo 3 de setembro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo

  • Entrada Xeral: 14€
  • Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión (dispoñible ata 1h antes do evento)

Idades recomendada: Todos os públicos

Duración: 60 min

PROGRAMACIÓN
– ’12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva’: 16 e 17 de setembro
– ‘Trogloditas’: 18 e 19 de setembro
– ‘La cantante calva’: 24, 25 e 26 de setembro
– ‘Dúo Vaguedades’: 2 e 3 de outubro

Máis

Hora

(Domingo) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events