
II Festival Bembrive en Pé
07mar20:00II Festival Bembrive en PéFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 12,00 €20:00(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
Festival organizado pola plataforma cidadá Bembrive en Pé coa fin de recadar fondos para os informes técnicos que precisan para frear a obra do túnel da A-52 que
Detalles do eventos
Festival organizado pola plataforma cidadá Bembrive en Pé coa fin de recadar fondos para os informes técnicos que precisan para frear a obra do túnel da A-52 que partirá polo medio a parroquia viguesa. Bembrive enfróntase na actualidade a unha ameaza significativa pola planeada ampliación da autovía A-52, que unirá Puxeiros coa avenida de Madrid. Á falta de coñecerse a última versión, o proxecto inclúe unha estrada principal, dúas grandes rotondas e un túnel que atravesaría a parroquia. A cidadanía estase a organizar recollendo alegacións contra o proxecto a través da plataforma Bembrive en Pé. Para Roberto Estévez, portavoz deste movemento cidadán, a ampliación supón unha grande ameaza, pois «rompería a parroquia tal e como a coñecemos». Destaca o potencial que ten de destruír a vida e a cultura local, xunto co impacto ao medio ambiente e ás familias afectadas polas obras, e cualifica o proxecto de «desastre ecolóxico». Pola súa banda, a entidade local menor ve complicada a paralización das obras e prioriza a defensa dos veciños afectados polas expropiacións, que polo momento se estima que son dezaoito. Moita xente na parroquia cre que o proxecto é innecesario e que podería evitarse liberando da peaxe a AP-9.
– 20:00 foliada aberta
– 22:00 concertos de ZURRUMALLA, RESIDUOS ATRACTIVAS e ORQUESTA NEVERLOURA.
E ademáis, sorteos de agasallos e posto de comida
Prezo: 12 anticipada / 15 billeteira
Entradas á venda Cantina As Pedriñas e www.ticketrona.com
Máis
Hora
7 marzo, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual