FAITE AMOVIDALOVER

08ago(ago 8)11:0010(ago 10)23:59II FESTA DA CERVEXAGASTRO | De balde11:00 - 23:59 (10)(GMT+02:00) CC A Laxe

Detalles do eventos

Entre o 8 e 10 de agosto, VigoPlan Events organiza a segunda edición da Festa da Cervexa na azotea do Centro Comercial A Laxe, un evento aberto e gratuíto que reúne aos amantes da cervexa, a música en directo e a gastronomía nun ambiente único con vistas ás Cíes.

Haberá postos de diferentes tipos de cervexa, incluíndo propostas artesanais locais e marcas recoñecidas. Cada un ofrecerá distintos estilos para descubrir, comparar e desfrutar. Para acompañar á cervexa, a festa contará cunha zona gastronómica con produtos para todos os gustos: xamón, conservas, tortilla, salchichas e máis. A maiores, realizaranse concertos en vivo e un DJ local xerará un ambiente festivo e dinámico.

Esta edición conta cunha novidade: o BIRRA PASS, un pase especial que por 10,00 € ofrece:

  • Dúas cervexas artesás
  • Unha cana Damm
  • Vaso oficial (reutilizable)
  • Participación no sorteo de agasallos en Bienestar Moaña ou nas Cabañitas del bosque

Pódese mercar AQUÍ.

Hora

8 agosto, 2025 11:00 - 10 agosto, 2025 23:59(GMT+02:00)

Localización

CC A Laxe

Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events