II Encontro de Rondallas en Beade + Festival de Nadal de corais
Detalles do eventos
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de fixar nova data para
Detalles do eventos
A A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ven de fixar nova data para o “II Encontro de Rondallas en Beade” tras verse adiado por mor da climatoloxía.
As veciñas e veciños poderán desfrutar dunha tarde musical que achegará en primeiro lugar a música tradicional rondalleira e, a continuación, dos vilancicos interpretados por diversas corais da nosa cidade.
Comenzando polo “II Encontro de Rondallas en Beade”, o evento está organizado pola A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade en colaboración da Irmandade de Festas de Santa Ana, quedando programado para o domingo 17 de decembro a partir das 16:15H., hora na que as rondallas participantes (Rondalla do C.S.C.R. de Beade, Rondalla do C.C.A.R. Valladares e a Rondalla de Peña Freixo) realizarán un pasacalle pola parroquia con percorridos próximos ao Torreiro de Festas de Santa Ana, espazo onde terá lugar o acto central ás 17:00H. e no que as 3 rondallas participantes amosarán unha demostración do seu traballo realizado ao longo de todos estes meses de ensaios.
Ao remate do “II Encontro de Rondallas en Beade”, o enfoque cultural estará no Auditorio do C.S.C.R. de Beade, que acolle o “Festival de corais”. Dando comezo ás 19:00H e con entrada libre, a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica da S.C.D. “Atlántida” de Matamá e a Coral Polifónica María Auxiliadora serán quen de deleitar aos espectadores cun repertorio baseado principalmente en música de Nadal.
Ademais, a formación da casa interpretará un vilancico andaluz que irá acompañado de baile grazas á colaboración especial do Grupo de sevillanas do C.S.C.R. de Beade.
NOTA: o “II Encontro de Rondallas en Beade” pode sufrir modificacións por mor da climatoloxía.
Máis
Hora
17 decembro, 2023 16:15 - 19:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes