REVISTA ABRIL

II CICLO “AIDA FERNÁNDEZ RÍOS”

27mai19:00II CICLO “AIDA FERNÁNDEZ RÍOS”ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Os impactos económicos do cambio climático e a saúde será o tema central en torno ao que xirará unha nova conferencia do II Ciclo “Aida Fernández Ríos”, organizado pola Deputación e a Real Academia Galega de Ciencias, que se levará a cabo este xoves ás 19.00 horas e discorrerá de xeito semipresencial na sede provincial en Vigo. A catedrática de Métodos Cuantitativos en Económica e Xestión na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria, Beatriz González, falará sobre “O difícil equilibrio entre saúde e economía. O caso Covid-19”. Pola súa parte, Xavier Labandeira, catedrático de Economía do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, tratará os “Aspectos económicos do cambio climático e da súa mitigación”.

As 25 prazas dispoñibles na sede da Deputación en Vigo para asistir de forma presencial están xa esgotadas aínda que segue aberta a inscrición para seguila de forma telemática, tal e como o farán ás máis de 60 persoas inscritas ata agora. Para participar de xeito online tan só hai que encher unha solicitude de inscrición no sitio web (https://www.depo.gal). As conferencias continuarán o xoves 3 de xuño con dúas intervencións sobre a relación da muller e a ciencia que terán como protagonista á xenetista Jimena Fernández de la Vega, a quen este ano se lle dedica o Día da Ciencia en Galicia. Terá tamén carácter semipresencial e levarase a cabo no Pazo Provincial en Pontevedra.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events