II CARREIRA GALEGA DE CORREPASILLOS A FAVOR DA MENINXITE – A Movida

abril, 2018

29abr11:00II CARREIRA GALEGA DE CORREPASILLOS A FAVOR DA MENINXITECARREIRA SOLIDARIA | Desde 5,00€11:00 IFEVI

Máis

Detalles do evento

Coa excusa do Día Mundial da Meninxite (24 de abril) a Asociación Española contra a Meninxite organiza en Vigo a segunda edición de carreira de correpasillos. Dende a asociación convocan aos nenos de Vigo entre 2 e 5 anos e aos seus pais a unha xornada lúdica onde ademais de pasalo en grande, poderán informarse da mellor forma de como previr unha enfermidade tan perigosa como a meninxite. Ademais, esta carrera servirá para axudar a esta organización na súa labor de difusión, investigación e axuda as persoas afectadas.

Poden participar nenos e nenas de 2 a 5 anos nados nos anos 2013,2014,2015 e 2016 . Idade cumprida ao 29 de abril do 2018.

A inscrición obrigatoria á carreira custa 5 euros (seguro de accidentes incluído).

A carreira terá lugar no Pavillón 2 de IFEVI. A hora de comezo é 11.00h comezando cos pequechos, categorías 2015 e 2016. Sobre as 12.15 comezarán os máis maiores, categorías 2013 e 2014. Todos os nenos e nenas participantes teñen premio que se entregará ao finalizar de cada quenda. O sorteo de agasallos terá lugar sobre as 13.30 ao finalizar as carreiras de todas as categorías. O sorteo realizarase cos números dos dorsais participantes.

Lembrar cos únicos vehículos admitidos son os clásicos correpasillos, incluídas as motos correpasillos. Non está permitido as bicicletas sen pedais porque son máis rápidas que o resto de vehículos admitidos. Por tanto se algún neno ou nena accede á carreira cunha bicicleta sen pedais, non poderá participar.

Obrigatorio uso de casco infantil senón non poderán participar.

Os nenos accederán ao IFEVI e á carreira acompañados en todo momento dos seus pais/familia, que serán os únicos responsables da súa supervisión. Non haberá servizo de gardería.

Recollida do dorsal desde o 9 de abril ás 10.00 h ata o 28 de abril ás 13.30 h : Boutique Infantil Nanos na rúa Príncipe nº 49 presentando a confirmación de compra.

En caso de non poder recoller o dorsal ata o día da carreira contactar con Cristina, responsable da Asociación Española contra a Meninxite, no seguinte correo cregojo@contralameningitis.org. Para evitar aglomeracións o día da carreira, rógase seguir as indicacións de recollida do dorsal do punto anterior.

Hora

(Domingo) 11:00

Lugar

IFEVI

Av. do Aeroporto, 772, 36318 Vigo, Pontevedra

X