Detalles do eventos
Reflexión sobre o idadismo, cada vez máis presente nas sociedades actuais, nas que a poboación maior é cada vez máis numerosa. Abórdase a análise dos estereotipos, prexuízos e
Detalles do eventos
Reflexión sobre o idadismo, cada vez máis presente nas sociedades actuais, nas que a poboación maior é cada vez máis numerosa. Abórdase a análise dos estereotipos, prexuízos e da discriminación por razón de idade que poden aparecer nas relacións sociais e persoais, afectando á percepción do envellecemento e ás oportunidades das persoas maiores. O idadismo examínase tamén desde unha perspectiva de xénero.
A intervención corre a cargo de José María Failde Garrido e Sabela Mallo López, e é presentada por Miguel Pérez Pereira.
Ademais, o debate introducirá unha vertente fundamental: a perspectiva de xénero. É notorio que a presión sobre a aparencia física e o paso do tempo golpea de forma distinta a homes e mulleres. O acto analizará se existe unha
dobre discriminación que silencia ás mulleres de forma máis severa a medida que cumpren anos. O acto, aberto ao público ata completar capacidade, será presentado por por Miguel Pérez Pereira, quen trala conferencia abrirá a quenda de palabra para que os asistentes compartir as súas propias vivencias e reflexións.
Hora
5 maio, 2026 19:30(GMT+02:00)
Localización
Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra


