Iberian Roots Trio – A Movida

outubro, 2018

19out21:00Iberian Roots TrioCONCERTO | De balde21:00 Instituto Camões

Máis

Detalles do evento

En 1998 abría as portas a entón chamada Casa de Portugal, albergada polo conxunto de edificacións coñecido por “Casa Arines” (nome da última familia propietaria da casa ata ser pública) – composto pola “Casa-Torre de Pazos- Figueroa” (inicios séc. XVI – 1579) e a “Casa de Ceta” (finais séc. XV – 1490) e que son as dúas casas laicas máis antigas da cidade de Vigo (ambas con nomes de familia). O Concello de Vigo cedeu a Casa que hoxe alberga o Centro Cultural Portugués do Camões, Instituto da Cooperación e da Lingua, I.P. a Portugal en 1994, ano en que se iniciaron as obras de restauro e que fixeron desta Casa unha das obras arquitetónicas máis valorizadas en toda a Galiza.

Conmemorarán entre o 18 e o 20 de outubro a efeméride dos 20 anos e toda esta historia de amizade que une a Galicia a Portugal e, moi particularmente, Vigo. Conmemorarán todos os socios que, ao longo destas dúas décadas, se teñen xuntado e promovido a cultura portuguesa en Galicia. Conmemorarán todos os profesores e demais persoas que traballaron nesta Casa para traer a lingua portuguesa a Vigo.

Xoves, 18 de outubro de 2018
19:00 – 21:00
Acto Oficial das Conmemoracións – Entrada con invitación

Vernes, 19 de outubro de 2018
21:00 – 22:30
Concerto Jazz “The wake of an artist” por Iberian Roots Trio – Homenaxe a Bernardo Sassetti – entrada libre

Sábado, 20 de outubro de 2018
18:00 – 21:30
Peza de teatro “Uma casa, muitas vis(i)tas” polo grupo Eu.Experimento – entrada gratuita mediante incripción

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Instituto Camões

Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X