Este é un evento repetitivo29 setembro, 2025 18:0013 outubro, 2025 18:00
Detalles do eventos
As da Industria e Prisma Igualdad organizan as I Xornadas de Teoría Feminista, impartidas por Cristina Louzán e Priscila Retamozo. Trátase dun espazo para achegarse
Detalles do eventos
As da Industria e Prisma Igualdad organizan as I Xornadas de Teoría Feminista, impartidas por Cristina Louzán e Priscila Retamozo. Trátase dun espazo para achegarse ao pensamento feminista, coñecer figuras clave e reflexionar sobre dous temas de plena actualidade: a sexualidade e os coidados.
CALENDARIO COMPLETO
- 29 de setembro | Pensamento feminista
- 6 de outubro | Sexualidade
- 13 de outubro | Coidados
É necesario inscribirse previamente neste formulario.
Cristina Louzán e Priscila Retamozo están detrás de Prisma Igualdad. A trvés deste proxecto axudan a aplicar a perspectiva de xénero no eido empresarial, tanto na cultura, na comunicación como na toma de decisións. Observan a boa intención de integrar a igualdade no ámbito do ensino, algo fundamental pois consideran que a educación é a ferramenta máis poderosa de transformación social. Pero afirman que aínda queda moito por facer e resumen as súas aspiracións nunha frase: «traballamos co fin de que algún día non sexan necesarias estas formacións».
Hora
6 outubro, 2025 18:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
Árbore Tenda Ecolóxica
Rúa López Mora, 30, 36211 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



