
I GALA INTERNACIONAL DE MAXIA XACOBEO 21-22 'CIDADE DE VIGO'
Detalles do eventos
Chega ao Cine Teatro Salesianos a I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21·22 ‘Cidade de Vigo’, que nace coa idea de traer á cidade a mellor Gala de
Detalles do eventos
Chega ao Cine Teatro Salesianos a I Gala Internacional de Maxia Xacobeo 21·22 ‘Cidade de Vigo’, que nace coa idea de traer á cidade a mellor Gala de Maxia en España, cos mellores Artistas Nacionais e Internacionais.
O coordinador e director artístico, Roberto Lolo, coa súa experiencia, (16 anos organizando o Festival Internacional de Maxia Villa de Sarria ( Maxia non Camiño) con gran éxito de crítica e público) conseguiu reunir, para esta Gala aos seguintes Artistas:
- JUAN TAMARIZ: A gran lenda da maxia. O seu nome é sinónimo de prestixio absoluto e de recoñecemento mundial.
- DANI DAORTIZ: Considerado o mellor cartomago do mundo na actualidade, admirado e referente das novas xeracións de magos e magas do mundo.
- MAG LARI: Un dos Magos máis influentes, populares e televisivos da actualidade. Colaborador de Buenafuente, presentador do programa ‘Pura Magia’ nas súas dúas edicións, e cunha carreira exemplar e admirada por todo o público.
- DANIA DÍAZ: Unha das mellores magas do mundo, de Venezuela e dobre botón de ouro en Got Talent España e semifinalista en Got Talent América. Un prodixio do mundo máxico.
- YANN FRISCH: Desde Francia, campión mundial de maxia, un dos artistas máis persoais, diferentes, e auténticos da actualidade. Premiado en multitude de ocasións, gañou o considerado ‘oscar da maxia’ recollendo o premio Fism Internacional.
- ANTHONY BLAKE: O mellor e máis recoñecido mentalista nacional e internacional, con infinidade de aparicións en TV. É un dos artistas máis populares para o gran público, sendo participe dos mellores programas de TV e unha das estrelas desta arte, desde hai máis de 30 anos.
- ROBERTO LOLO: Un dos magos galegos máis coñecidos e respectados de España, admirado en Galicia e a nivel nacional, polo seu humor contaxioso e os seus divertidísmas improvisacións. Compaxina o seu labor de mago coa de actor, participando en series de éxito na TVG, como ‘Platos Combinados’, ‘Urxencia Cero’, ‘Serramoura’, etc.
Entradas á venda a través da web www.ataquilla.com
Luns 6 ás 20:00
Máis
Hora
(Luns) 20:00
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra