BANNER CANS
BANNER GALAXIA

21xuñ19:00Festival PELA2FESTIVAIS E FEIRAS | 10,00€19:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Estudantes de bacharelato do IES de Mos crean o festival PELA2 para promover as músicas urbanas fomentando un espazo de lecer saudable para xente da súa xeración. O festival terá lugar este venres 21 na sala Rebullón e as entradas xa están á venda online.

Mos to Feim Produccións é o nome da produtora creada por un grupo de amigos e amigas ao abeiro do Bacharelato de Música e Artes Escénicas do IES de Mos. A primeira iniciativa desta novelísima produtora é o festival PelaDOS que desenvolven en colaboración co Centro Cultural As Pedriñas de Tameiga, e o asesoramento de Esmerarte. Un evento para promover novos talentos e a cultura local, favorecendo un lugar de esparcemento saudable para xente da súa idade arredor da cultura.

O cartel compóñeno seis artistas novos da área metropolitana e o sur de Galicia, para “favorecer o seu recoñecemento a nivel nacional.” Diferentes estilos de orixe contracultural e marxinal que narran as dificultades da vida cotiá e a violencia en contextos precarios, cunha linguaxe directa, explícita e provocadora. Grandes cronistas deste tempo, poetas do extrarradio, heroes de barriada, recitan textos que reivindican e denuncian a pobreza e a desigualdade.

O nome do festival, PELA2, fai referencia, precisamente, á falta de recursos e á situación de precariedade. “Estamos pelados. Non puidendo asistir aos festivais da música que nos gostan, que sempre son lonxe, unha tarde (aburridos, anoxados) decidimos crear nós mesmos o noso festival ideal para apoiar a creadores e creadoras nos primeiros estadios da súa carreira cando, sen outros apoios, só contan co propio talento e coraxe, coa resiliencia, coa intuición, coa pugnacidade, coa loita, valores que compartimos.”, sinalas os organizadores.

Programa:

18:30 – Apertura de portas
19:00 – Laritaa
19:25 – X4nder
20:00 – Cartier Manson
20:30 – Sarita OG
21:10 – Entre Lineas
22:05 – BCH
23:00 – James Gabarres
00:00 – Yeezy la Diferencia

As entradas teñen un prezo de 10,00 € e poden conseguirse na na Cantina As Pedriñas e na plataforma Vivetix

Máis

Hora

21 xuño, 2024 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events