Detalles do eventos
A 1ª Feira do Libro Anarquista e Social de Vigo abrirá as súas portas os días 10, 11 e 12 de outubro nas Galerías de Príncipe 22, co
Detalles do eventos
A 1ª Feira do Libro Anarquista e Social de Vigo abrirá as súas portas os días 10, 11 e 12 de outubro nas Galerías de Príncipe 22, co propósito de crear un espazo de encontro, reflexión e difusión de ideas transformadoras.
Este evento nace coa intención de visibilizar a riqueza do pensamento crítico, a memoria histórica e as prácticas colectivas que, desde perspectivas libertarias, acompañaron historicamente as loitas obreiras e sociais de Vigo.
No momento actual, onde os totalitarismos resurxen baixo múltiples formas e os discursos autoritarios se normalizan na vida política e mediática, a cultura libertaria adquire unha importancia renovada. Fronte á imposición, á obediencia cega e á concentración do poder, o pensamento libertario defende a autoxestión, a solidariedade e a liberdade como bases dunha sociedade verdadeiramente xusta.
A feira non é só un escaparate de libros, senón un espazo vivo de resistencia cultural e política, onde o pasado libertario da nosa cidade se enlaza coas loitas do presente. É unha invitación a cuestionar o establecido, a construír alternativas colectivas e a manter acesa a chama da emancipación en tempos de incerteza e represión.

Hora
10 outubro, 2025 17:30 - 12 outubro, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Príncipe
Rúa do Príncipe 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



