VIALIA
bannerPicnicSesions

I Encontro de Rondallas en Beade

10dec16:30I Encontro de Rondallas en BeadeAS NOSAS FESTAS | De balde16:30(GMT+01:00) Torreiro de Beade

Detalles do eventos

O sábado 10 de decembro arranca a programación cultural de Nadal en Beade cunha primeira xornada que durará mañá e tarde e que conta coa celebración da primeira edición do Encontro de Rondallas en Beade no que participarán as rondallas da propia parroquia, a de Valadares e a de Bembrive.

A xornada arrancará ás 10:00 h cun pasarrúas da Rondalla do C.S.C.R. de Beade pola parroquia, entre os tramos que van
desde Materiales de Construcción Graciano Rodríguez S.L. ata a Cafetería Berdy Coffe. Tras un descanso para o xantar, a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade e a Irmandade de Festas de Santa Ana unen forzas para festexar o I Encontro de Rondallas en Beade, un evento no que estarán presentes a Rondalla do C.S.C.R. de Beade e dúas veciñas, sendo: a Rondalla da S.C.D.R. Helios de Bembrive e a Rondalla do C.C.A.R. de Valladares.
A formación local conta con 26 anos de historia e, en ocasións, é acompañada polo Grupo de baile galego Semente da Arte Galega do C.S.C.R. de Beade. Seguidamente, a Rondalla da S.C.D.R. Helios de Bembrive é unha das máis
antigas e laureadas da Provincia, con máis dun século de lonxevidade (fundada no ano 1917). Finalmente, a Rondalla do C.C.A.R. de Valadares é outra das clásicas formacións da nosa cidade que teñen participado en numerosos certames e concursos de Vigo e Comarca. Todas elas contan con agrupación de abandeirados, polo que o público asistente observará
de primeira man o cruce de bandeiras entre as formacións.

O evento, de balde, comezará ás 16:15 h co seguinte pasarrúas:

  • Rondalla do C.S.C.R. de Beade: dende a A.V.C.U. – C.S.C.R. de Beade ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
  • Rondalla da S.C.D.R. “Helios” de Bembrive: dende Farmacia Tojo ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.
  • Rondalla do C.C.A.R. de Valladares: dende Materiales de Construcción Fernando Alonso ata o Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade.

O acto central terá lugar ás 17:00H no Torreiro de Festas de Santa Ana de Beade, onde as 3 rondallas amosarán unha demostración do seu traballo realizado ao longo de todos estes meses de ensaios.

Ao finalizar o certame de rondallas a festa trasládase ao interior do Centro Cultural de Beade onde se celebrará o Festival de Corais. Dando comezo ás 19:00 h e con entrada libre, a Masa Coral do C.S.C.R. de Beade, a Coral Polifónica da A.V.C.R. “San Mamede” de Zamáns e o Coro Liceo de Navia (Asturias), serán quen de deleitar aos espectadores cun repertorio baseado
principalmente en música de Nadal.

Máis

Hora

(Sábado) 16:30(GMT+01:00)

Localización

Torreiro de Beade

Rúa de Ramiro Pascual, 112, 36312 Vigo, Pontevedra

Other Events