I Certame Vigo SeaFest Music: Pólvora + Cool Cucumber + Antifrágil – A Movida

xullo, 2018

05xul21:00I Certame Vigo SeaFest Music: Pólvora + Cool Cucumber + AntifrágilCONCERTO | De balde21:00 Peirao do Náutico

Máis

Detalles do evento

Pólvora, Cool Cucumbers e Antifrágil son as tres formacións seleccionadas no I CERTAMEN VIGO SEAFEST MUSIC, que actuarán no primeiro día do festival, o xoves 5 de xullo, a partir das 21 h., sobre o escenario Vigo SeaFest-Estrella Galicia-los40

A 1.ª edición do Certame Vigo SeaFest Music, organizado por Vigo SeaFest en colaboración con LOS40 Vigo, recibiu máis de 20 propostas de proxectos musicais de Vigo e a súa área metropolitana, ás que se lles deu visibilidade desde o programa Maketón de LOS40 Vigo que edita Salva Ronko, comisario do certamen.

O xurado, integrado polo propio Salva Ronko, o productor  Javier Abreu, responsable do proxecto regalamusica.com; a redactora de Atlántico Diario Ana Baena e o músico e responsable do restaurante Lume de Carozo, Juanjo Treus, considerou que os tres proxectos seleccionados son representativos da gran diversidade musical da escena musical local.

Hora

(Xoves) 21:00

Lugar

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X