Galaxia

marzo, 2022

Este é un evento repetitivo

11mar20:00Hotel EuropaESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00 Sala Ártika

Hotel Europa

Compañía: Señora Supina

Benvidos ao Hotel Europa, un peculiar hotel nunha vila costeira galega na que descansar e vivir unha noite inesquecible. Hotel Europa é unha comedia vodevil áxil e divertida con catro actrices que interpretarán a unha morea de peculiares personaxes. Unha obra moi do estilo das sitcoms e cunha boa dose de intriga, na que uns e outros descubriremos as divertidas e entrelazadas historias dos moradores do hotel.

Hotel Europa é un espectáculo que busca reflexionar, desde a ironía e o entretemento, sobre os procesos de transformación e perda de identidade que, nos últimos anos, as vilas galegas veñen sufrindo por mor da especulación urbanística e o turismo masificado.

Idade: +16 anos

Duración: 75 minutos

Data: 11, 12, 13 de marzo ás 20:00h na Sala Ártika

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X