>

19xul20:00Hot Air BalloonCONCERTOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Un dos plans máis apetecibles do verán son os concertos na Fundación Sales, esa pequena xoia aínda descoñecida para moitos vigueses. Coa chegada do verán volve a actividade musical á Fundación Sales. O xardín botánico situado na avenida de Europa acollerá en xullo catro concertos de estilos variados. Con este tipo de eventos, a Fundación busca atraer a novo público e divulgar a súa ampla variedade de flora.

Hot Air Balloon é un dúo luso-irlandés formado por Tiago e Sarah-Jane. Desde o seu nacemento en Vigo, actuaron por Portugal, España, Irlanda, Bélxica e Francia, compartindo o seu son profundamente emotivo e íntimo. O seu álbum debut, Behind The Walls (2016), foi aclamado pola crítica e nomeado aos Premios de Música Independente en Nova York. Agora regresan con Come This Far, o seu segundo traballo. O álbum reflicte a súa traxectoria vital, o amor e a paternidade.

– 12 xullo a 13:00 h: Galkan (7 €)
– 17 xullo as 20:00 h: Francisco Castro (10 €)
– 18 xullo as 20:00 h: Santiago Meijide (10 €)
– 19 xullo as 20:00 h: Hot Air Balloon (10 €)

Reservas: info@salesxardin.com

Hora

19 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events