
HOMENAXE A MORRIS
Detalles do eventos
A Asociación Évame Oroza rende unha homenaxe ao actor vigués Antonio Durán, Morris, en recoñecemento da súa traxectoria e o seu papel fundamental na historia cultural da cidade.
Detalles do eventos
A Asociación Évame Oroza rende unha homenaxe ao actor vigués Antonio Durán, Morris, en recoñecemento da súa traxectoria e o seu papel fundamental na historia cultural da cidade. No acto, Morris estará acompañado por Manuel Manquiña, Fernando Fernández Domonte e Xosé Cermeño.
Antonio Durán, coñecido como Morris, é un actor vigués (nado en Teis) que conta cunha ampla traxectoria no teatro, cine e televisión, sendo un dos rostros máis coñecidos do audiovisual galego. Ao longo da súa carreira, demostrou a súa versatilidade e talento, consolidándose como unha figura esencial na escena cultural tanto galega como española. Destaca polos seus papeis en Pratos Combinados, Padre Casares, Los lunes al sol, Celda 211, A Esmorga e Dhogs.
Máis
Hora
13 marzo, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual