Detalles do eventos
A Asociación Évame Oroza organiza este venres 24 a gala de entrega do II Premio de Poesía Carlos Oroza no Museo do Mar. Neste
Detalles do eventos
A Asociación Évame Oroza organiza este venres 24 a gala de entrega do II Premio de Poesía Carlos Oroza no Museo do Mar. Neste evento, as poetas Ángela Álvarez, gañadora na modalidade de castelán e Mariña Pérez Rei gañadora na modalidade de galego recollerán os seus premios. Tamén estará presente Mercedes Peón, que recibirá o galardón á mellor iniciativa musical de divulgación da poesía coa que a asociación quere recoñecer a súa traxectoria.
O evento contará coa actuación musical de Cintaadhesiva, o dúo formado pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. Ao remate convidarase a un viño a todos os asistentes.
O acceso é libre ata completar aforo, cómpre confirmar asistencia enviando un email a admin@evame.org
Hora
24 outubro, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Museo Mar de Vigo
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



