17mar18:30Homenaxe a María Xosé QueizánESPECTÁCULOS | De balde 18:30(GMT+01:00) MARCO
Detalles do eventos
A autora, pioneira do pensamento feminista en Galicia e escritora de excepcional pulo creativo, é a protagonista da celebración da Real Academia Galega con motivo do Día da
Detalles do eventos
A autora, pioneira do pensamento feminista en Galicia e escritora de excepcional pulo creativo, é a protagonista da celebración da Real Academia Galega con motivo do Día da Poesía. Unha ducia de escritoras e escritores dialogarán con versos da súa autoría nunha celebración que inclúe ademais a loanza de Queizán a cargo da académica Margarita Ledo Andión e unha actuación musical de Uxía.
Rexina Vega, Marga do Val, Manuel Forcadela, Fina Casalderrey, Andrea Nunes Brions, Elvira Ribeiro Tobío, Pepe Caccamo, Ana Romaní, María Reimóndez, Camiño Noia, Miriam F. M. e Xavier Baixeiras recitarán unha escolma de poemas de Queizán recollida na publicación conmemorativa María Xosé Queizán. A escrita sen límites. O público será agasallado con esta edición ao coidado da académica Ana Romaní, na que os versos seleccionados polas autoras e autores convidados se acompañan de pequenos comentarios, declaracións de admiración e recoñecemento cara a unha creadora que, en palabras de Margarita Ledo, “trae a experiencia das mulleres para o centro da trama”.
O presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e a directora da Sección de Literatura, Marilar Aleixandre, abrirán o acto, de entrada libre ata completar a capacidade da sala. A cita, organizada co apoio da Deputación de Pontevedra e do Concello de Vigo, poderá seguirse tamén en directo desde academia.gal.
Hora
17 marzo, 2026 18:30(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra


