REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

13mai20:00Home, comedia deconstruídaESPECTÁCULOS | Desde 10,00€20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Un monologuista preséntase no teatro e comeza o show, fala da infancia, do que representa facerse maior, do colexio, dos amigos… Pouco a pouco, vaise decatando de que certos chistes xa non lle fan graza. O espectáculo cambia o tono de stand-up para comezar a deconstruírse, ata un punto no que o propio cómico se cuestiona a súa forma de entender o mundo…

HOME é un espectáculo cómico e feminista, unha crítica mordaz sobre as distintas caras do machismo, unha comedia de xénero dexenerada, un show para rirse e revisarse.

HOME trata un tema delicado desmontando o propio xénero da comedia, cunha posta en escena sinxela e versátil, que vai do stand-up ao clown, do musical ás marionetas, da parodia ao absurdo, da risa ao drama.

HOME é unha comedia deconstruída e irreverente, un espello no que o público se verá reflectido. Cun sentido do humor directo e arriscado, quere facer rir e dar que pensar, nun momento social absolutamente necesario. Un espectáculo honesto e provocador, polémico e divertido, no que o propio Antón Coucheiro cuestiónase e búrlase de si mesmo.

Datas:

Venres 13 de maio ás 20:00h

Sábado 14 de maio ás 20:00h

Domingo 15  de maio ás 20:00h

Máis

Hora

13 maio, 2022 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events