>
21mai21:00HitzakCONCERTOS |Desde 5,00 €21:00(GMT+02:00) El Contrabajo
Detalles do eventos
Un proxecto nacido en París que chega agora a Galicia, onde o colectivo Hitzak presenta un concerto no que a poesía se mestura coa enerxía do folk-rock. Nesta
Detalles do eventos
Un proxecto nacido en París que chega agora a Galicia, onde o colectivo Hitzak presenta un concerto no que a poesía se mestura coa enerxía do folk-rock. Nesta proposta, cancións, historias e paisaxes entrelázanse nunha viaxe musical chea de ritmo, imaxes e emoción, liderada polo poeta escocés Stuart Mudie e o compositor e guitarrista francés Alex Roven nun formato que combina poesía falada e cantada cunha música intensa e evocadora. Trátase dunha proposta orixinal onde palabra e música se atopan sobre o escenario, nunha noite que comeza con Gonçalo Caride e Inés Mouzo, dous músicos de ampla experiencia na música tradicional e folk galega. Gonçalo é gaiteiro e luthier de gaitas e frautas galegas, mentres que Inés é percusionista de instrumentos galegos e irlandeses na Arxentina, país ao que emigrou coa súa familia e onde entrou en contacto coa colectividade galega e irlandesa tocando en diversos grupos.
Hora
21 maio, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
El Contrabajo
Rúa de Venezuela, 82, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


