
17mai18:00'Historias de 1 a 4: 5'ESPECTÁCULOS | -18:00(GMT+02:00) Teatro Permanente
Detalles do eventos
“Unha vez lin un libro. Era tan pequeno que case non se lle podería chamar libro, se non fose polo feito de que era un libro. A primeira
Detalles do eventos
“Unha vez lin un libro. Era tan pequeno que case non se lle podería chamar libro, se non fose polo feito de que era un libro. A primeira páxina estaba ao principio, e a última non contaba nada, só tiña indicacións de quen o imprimira, e onde. Coma todos os libros. Todos os libros que eu coñeza, en calquera caso. Levaba por título: conto número 2, e o seu autor era Eugène Ionesco, o célebre dramaturgo francés nado en Romanía. Foi un auténtico descubrimento, porque non sabía que Ionesco escribira contos infantís, e resultou un éxito total nos nosos momentos de lectura. Recoméndovolo!
O teatro do absurdo sempre me pareceu unha materia de traballo marabillosa para o xogo escénico, e pensei que poderiamos partir da maneira de contar de Ionesco para construír un pequeno espectáculo de teatro familiar onde se conten historias de todo tipo: tópicas, caleidoscópicas, astronómicas, termófilas, paralepipédicas e esdrúxulas. E iso fixemos, xuntando por primeira vez en escena a Lisa e Alberte para xogar nun formato breve para toda a familia.”
Máis
Hora
17 maio, 2025 18:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Permanente
Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxuño
- Mes actual