31ago13:0020:00Hey HematomaCONCERTOS | Desde 15,00 €13:00 - 20:00(GMT+02:00) CC A Laxe
Detalles do eventos
A azotea do Centro Comercial A Laxe acolle un concerto de Hey Hematoma, a banda galega formada por antigos membros de Siniestro Total. Trátase dunha xornada musical ao
Detalles do eventos
A azotea do Centro Comercial A Laxe acolle un concerto de Hey Hematoma, a banda galega formada por antigos membros de Siniestro Total. Trátase dunha xornada musical ao aire libre, con vistas ás Cíes, que combina bo ambiente, gastronomía e música en vivo.
O evento comeza ás 13:00 h cunha sesión vermú, acompañada de propostas gastro e un tardeo con DJ. Ás 20:00 h, Hey Hematoma toma o escenario cunha actuación cargada de enerxía, punk e actitude.
A banda está formada por Miguel Costas (voz e guitarra, cofundador de Siniestro Total entre 1981 e 1994), Javier Soto (guitarra desde 1985), Andrés Cunha (batería na última etapa do grupo), Alberto Cunha (voz e guitarra) e Chus Dasilva (baixo). Sen ser un grupo de versións, Hey Hematoma aposta por un son propio que recupera o espírito irreverente e festivo do rock vigués. Nos seus concertos revisitan clásicos como Miña terra galega, Camino de la cama ou Assumpta, coa fidelidade e forza de quenes os compuxeron. “Non somos Siniestro Total, pero levamos no sangue o seu espírito”, afirma Miguel Costas.
Para acceder a un artigo con máis información sobre a banda e a súa orixe, preme AQUÍ. As entradas para asistir ao evento pódense mercar AQUÍ.
Hora
31 agosto, 2025 13:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
CC A Laxe
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

