febreiro, 2019

20feb19:00Hernán AldanaCHARLA | De balde19:00 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

Afundación, a Obra Social de ABANCA, comeza o ano retomando o seu ciclo de conferencias «Educación século XXI» con novos relatores e temas, consolidando así esta firme aposta da entidade pola difusión de modelos formativos diversos, en consonancia cos desafíos e as realidades sociais actuais e creando foros de intercambio de coñecemento que inclúan tanto a docentes como a nais e pais.

A próxima conferencia será «Claves neuropedagóxicas na era do exceso de información, estímulos e distracción dixital» a cargo de Hernán Aldana, reputado docente no ámbito da neurociencia e asiduo participante nas charlas TEDx. Neste novo encontro falará sobre as achegas da neurociencia ao ensino e á aprendizaxe e dará algunhas claves sobre como ensinar e aprender na aula tendo en conta o potencial do cerebro. Terá lugar o vindeiro mércores 20 de febreiro, ás 19.00 h, na Sede Afundación de Vigo, e acompañarao o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez. A entrada é gratuíta pero é preciso inscribirse na web Ataquilla.com.

Hora

(Mércores) 19:00

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X