Detalles do eventos
Tras o éxito da I edición en 2024, que lle valeu a entrada directa no informe anual do Observatorio da Cultura como unha das iniciativas culturais máis relevantes
Detalles do eventos
Tras o éxito da I edición en 2024, que lle valeu a entrada directa no informe anual do Observatorio da Cultura como unha das iniciativas culturais máis relevantes do ano en España, Hematofesti regresa do 4 ao 8 de novembro para celebrar en Vigo a súa segunda edición. A proposta ideada por Ledicia Costas consolídase como un festival único que fusiona de xeito orgánico nun só programa o humor e a literatura infantil.
O evento naceu como unha homenaxe a Miguel Ángel López, coñecido como O Hematocrítico, escritor, mestre, divulgador e paradigma do internet amable, recoñecido postumamente coa Medalla ao Mérito nas Belas Artes 2023. O festival, dirixido pola escritora viguesa Ledicia Costas e codirixido polo director de cine coruñés Alberto Vázquez, busca manter vivo o seu legado, fundado na bonhomía, a creatividade e o uso da sorpresa e o humor como “lubricantes marabillosos para calquera tipo de ensino”.
Ao longo de cinco intensos días, Vigo acollerá a figuras destacadas do humor, a literatura, o cine, a música, a cultura e a creatividade para ofrecer actividades para todo tipo de públicos, facendo especial fincapé no infantil e no familiar.
Entre os convidados máis recoñecidos desta edición atópanse o humorista Ignatius Farray, quen liderará unha residencia de comedia e participará na Hematogala; a cantante Luz Casal, que intervirá nunha conversa sobre economía e cultura; e a artista e presentadora Teresa Rabal, que recibirá o Premio Lenda do Recreo. A programación tamén inclúe nomes de relevancia como os ilustradores Javier Jaén e Bea Lema, os autores Pedro Mañas, Susanna Isern, Antonio M. Fraga ou Eva Mejuto, o humorista Xosé Antonio Touriñán, os músicos Lucía Aldao, Silvia Superstar, IGMIG e Grande Amore, o xornalista Noel Ceballos, e as escritoras Yolanda Castaño e María Lado.
Programa completo
Martes, 4 de novembro
9:00 a 20:30h (todo o mes) – Inauguración da exposición O bosque dos contos – Sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo. Presenta Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación.
12:00 h toda a semana – Queremos Humor! Academia de comedia de Ignatius Farray – Só para artistas residentes.
18:00 h – Sesión de contos con David Rodríguez [infantil] – Asociación Évame Oroza – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
19:00 h — Son Fan. Taller de fanzines con Diego Estebo [todas as idades] – MARCO Vigo – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
19:30 h — Presentación do libro Odio, de Gabriel Romero – Libraría A Klandestina.
19:30 h – Concerto inaugural de Hematofesti 2025. Presentan Abel Caballero, Ledicia Costas e Alberto Vázquez: Proxección de As aventuras do príncipe Achmed musicalizada en directo por Caspervek – Auditorio municipal.
Mércores, 5 de novembro
18:00 h – Sesión de contos con David Rodríguez [infantil] – Asociación Évame Oroza – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
18:30 h – Marabillas xiratorias. Taller de xoguetes ópticos con Carmen Pintos [infantil con compañía adulta] – Libraría Cartabón – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
19:00 h — Son Fan. Taller de fanzines con Diego Estebo [todas as idades] – MARCO Vigo – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
18:30 h- Economía e cultura: o binomio fantástico: Luz Casal e Ledicia Costas, moderadas por Lucía Aldao – Auditorio do Consorcio da Zona Franca de Vigo
20:00 h- Presentación do libro Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras – Libraría Cartabón.
19:30 h- Artistas calidoscópicos: Bea Lema e Javier Jaén falan de ilustración e deseño, conducidos por Alberto Vázquez – Sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo. Presenta Luisa Sánchez, vicepresidenta da Deputación.
Xoves, 6 de novembro
12:30 h – Gravación en directo con público de Hora Veintipico (Cadena SER), presentado por Héctor de Miguel – Auditorio Municipal.
17:30 h – Apertura do Espazo Gaming Nintendo: Conversa entre o xornalista Noel Ceballos, a desenvolvedora e escritora de videoxogos Concepción González Agulla e o escritor Pedro Mañas – Centro Comercial Vialia.
17:30 a 21:00 h – Espazo Gaming Nintendo – Centro Comercial Vialia.
18:00 h – Sesión de contos con David Rodríguez [infantil] – Asociación Évame Oroza – Reserva de prazas en www.hematofesti.com.
18:30 h – Marabillas xiratorias. Taller de xoguetes ópticos con Carmen Pintos [infantil con compañía adulta] – Libraría Cartabón – Reserva de prazas en www.hematofesti.com.
19:00 h — Son Fan. Taller de fanzines con Diego Estebo [todas as idades] – MARCO Vigo – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
19:30 h – Presentación do libro Como escorrentar un lobo, de Antonio Manuel Fraga – Libraría Librouro.
19:30 h — Frikeando con dinos. Taller con Rena Ortega [infantil] – Libraría A Klandestina – Reserva de prazas en www.hematofesti.com.
21:30 h – Hematogala – Auditorio Mar de Vigo – Entradas á venda en www.teuticket.com
Presentada por Xosé Antonio Touriñán e María Lado.
Con Grande Amore, IGMIG, Ignatius Farray, Noel Ceballos, Nus Cuevas, Silvia Superstar e Sobria y Serena (Arantxa Treus e Jazmín Abuín).
Venres, 7 de novembro
11:00 a 19:00 h – Cultura e economía: o binomio fantástico – Auditorio do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
11:00 h – Saúdo inaugural co Delegado Especial da Zona Franca, David Regades, e Ledicia Costas
11:30h a 12:30 h Profesionais do cinema e da televisión. Noel Ceballos entrevista a Alberto Vázquez, director de cine de animación, e Alejandro Pérez (@thehardmenpath), especialista en cine e efectos especiais.
12:30h a 13:00 h – Pausa café
13:00h a 14:00 h – Conversa con empresarios do sector cultural: María Moya (Prodigioso Volcán) e Xosé Antonio Touriñán (Ainé).
16:00h a 17:00 h – Mesa redonda cos empresarios Jorge Pallarés (Bodegas Martín Códax), Elena Ferro (Eferro), Pedro González (Leite Noso SL), Juan Louro (director de Vialia) e Antonio Temprano Gutiérrez (Delegado da AEAT en Vigo).
17:00h a 18:00 h – Vivir da cultura: Ledicia Costas, Yolanda Castaño e Lucía Aldao.
18:00h a 18:30 h – Presentación do proxecto M8 por ler, a rede do libro en galego de Fundación Xistral, Ana Cristina Juncal
17:30 a 21:00 h – Espazo Gaming Nintendo – Centro Comercial Vialia.
18:30 h — Taller de ilustración Bruxas e dragóns con Bea Gregores e Víctor Mascato [infantil] – Espazo Lector Nobel Calvario – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
19:00 h — Son Fan. Taller de fanzines con Diego Estebo [todas as idades] – MARCO Vigo – Reserva de prazas en www.hematofesti.com.
19:30 h— Presentación do libro Cartas na escuridade, de Lois Pérez – Espazo Lector Nobel Calvario.
20:00 h — Arpilleras. Creación de ilustracións con tecido e fío. Taller con Bea Lema [todas as idades] – Galería Maraca – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
21:30 h — Queremos Humor! Comedy Club con Ignatius Farray e os participantes na residencia de comedia – Vitruvia – Entradas á venda en www.teuticket.com
Sábado, 8 de novembro
10:30 a 20:30 h — Queremos Literatura Infantil – Sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo – Entrada libre até completar aforo
Xornada coordinada por Eva Mejuto e Montse Pena Presas
10:00 h – Inauguración da xornada da man de Luisa Sánchez.
10:15 h – Juan Senís Sete razóns (e algunha máis) para ler álbum ilustrado na infancia (e non só)
11:00 h – Editar álbum ilustrado Editoriais Fabulatorio, Triqueta Verde e Planeta Tangerina: Cibrán Rico, Suso Vázquez, Víctor Mascato e Bernardo P. Carvalho
12:30 h – Contar e cantar álbum ilustrado. Felipe Díaz Valle-Caxoto e Charo Pita
13:15 h – Ler e crear álbums para a mocidade Andrea de la Torre e Concha Pasamar
16:00 h – Incluír tamén dende o álbum. ContAZ (contar álbum en língua de signos), Alicia Suárez (col. Makakiños, Autismo), Susana Suniaga (álbum sin palabras)
17.00 h – Crear álbum ilustrado hoxe. Susanna Isern, Bea Gregores e Blanca Millán
19:00 h – Acto de entrega do II Premio de Álbum Ilustrado Humor con H
19:30 h – Acto de entrega do Premio Lenda do Recreo a Teresa Rabal. Entrega o premio a Lenda do Recreo 2024, Manuel Bragado
20:00 h – Actuación musical de Lucía Aldao xunto con Candela Fernández (gañadora de final de Pequeños Gigantes de la Lectura na Feira do Libro de Madrid 2025)
11:00 a 21:00h — Espazo Gaming Nintendo – Centro Comercial Vialia.
11:00 h — Taller Debuxo chiflado con Berto Fojo [infantil] – Libros para soñar – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
11:00 h — Taller de Kamishibai con Natalia Umpiérrez [infantil] – Libraría Miol – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
12:00 h — Taller de autorretrato Os Carapizzas con Iván R. [infantil] – MARCO – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
13:00 h — Taller Debuxo chiflado con Berto Fojo [infantil] – Monster Factory – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
16:30 h — Taller de Kamishibai con Natalia Umpiérrez [infantil] – Libraría Vigo de papel – Reserva de prazas en www.hematofesti.com
21:30 h — Hematofesti´s Golden Ticket: Show secreto e viño galego – Vitruvia Club – Só con invitación
23:00 h — Hematofesta – Vitruvia Club – Só con invitación
Concerto de Petróleo + DJ Xabi B.
Hora
4 novembro, 2025 18:00 - 8 novembro, 2025 23:00(GMT+01:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



