UNDERFEST

08nov10:0020:30Hematofesti: Queremos Literatura Infantil + Premio Lenda do RecreoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 20:30(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

Un dos eventos que pecha a segunda edición do Hematofesti é a xornada Queremos Literatura Infantil, coordinada por Eva Mejuto e Montse Pena. Celébrase o sábado 8 desde as 10:00 h na Sede da Deputación, e o tema central será o álbum ilustrado. Ao longo do día falarán profesionais da literatura infantil e do mundo editorial, como Juan Senís, Felipe Díaz Valle (Caxoto), Andrea de la Torre, Concha Pasamar, Alicia Suárez, Bea Gregores, Cibrán Rico, Suso Vázquez, Víctor Mascato, Bernardo P. Carvalho, Susanna Isern, Blanca Millán ou Susana Suniaga.

Ao remate terá lugar o acto de entrega do II Premio de Álbum Ilustrado Humor con H, que recaeu no proxecto co lema Máis vale pulga en man que cento voando de Pablo Albo e Andrea Antonori; e do premio honorífico Lenda do Recreo, que recibirá Teresa Rabal da man de Manuel Bragado, quen recibiu o mesmo recoñecemento na primeira edición. A xornada péchase cunha actuación musical de Lucía Aldao xunto con Candela Fernández (gañadora de final de Pequeños Gigantes de la Lectura na Feira do Libro de Madrid 2025).

Hora

8 novembro, 2025 10:00 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events