Hematofesti: Queremos humor
Detalles do eventos
O festival impulsado por Ledicia Costas e Alberto Vázquez en tributo ao Hematocrítico xira arredor da literatura infantil, o galego e o humor como industria
Detalles do eventos
O festival impulsado por Ledicia Costas e Alberto Vázquez en tributo ao Hematocrítico xira arredor da literatura infantil, o galego e o humor como industria e vehículo de aprendizaxe. O evento, que se celebrará do 6 ao 10 de novembro, aposta polo ambiente familiar e a boa onda que caracterizaba ao Hematocrítico nas redes sociais.
As entradas para asistir ás dúas galas que programa o evento están á venda nesta ligazón.
Preme aquí para consultar toda a programación
O venres a partir das 18:00 h no Teatro Salesianos celébrase a gala ‘Queremos humor’:
18:00 Los hermanos podcast & co.
Durante o confinamento, Fran Rivera escribiu unha novela en Instagram. Los Hermanos Podcast analizaban cada entrega con entusiasmo. Cando se relaxaron as medidas e nos permitiron saír de novo á rúa, Fran Rivera abandonou o proxecto. A novela nunca foi rematada. Nus Cuevas, Noel Ceballos, Berto Romero e Arturo González Campos buscarán un final para esa obra tan especial da literatura española.
«Double Team»: existe unha web de dobres de famosos que é unha porta aberta á imaxinación. A imaxinación que hai que botarlle para adiviñar a quen se parecen todas esas persoas que afirman ser idénticas a estrelas do mundo do cine, da música, da televisión… Adiviña quen é quen!
19:00 Hematocrítico de Arte
Foi a obra que fixo popular a Hematocrítico. Ofrecía títulos alternativos para obras de arte clásico. O seu editor Manuel Bartual, fará un percorrido polos títulos máis icónicos desta xenialidade da comedia española.
20:00 Masa enfurecida: Con Noel Ceballos, Nacho Vigalondo e John Tones
Foi un fenómeno de Twitter. Unha das contas máis populares en España, que pechou cando a rede social lle obrigou a proporcionar un número de teléfono. Nunca se soubo quen estaba tras Masa Enfurecida… ata hoxe
22:00 Amaro Ferreiro e Nico Pastoriza
Amaro Ferreiro e Nico Pastoriza porán o broche final a esta xornada coa súa música… e algunha sorpresa.
Máis
Hora
8 novembro, 2024 18:00 - 22:00(GMT+01:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes