06nov21:30Hematofesti: HematogalaFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 15,00 €21:30(GMT+01:00) Mar de Vigo
Detalles do eventos
Un dos eventos máis destacados da programación do Hematofesti é a Hematogala, que se celebra o xoves 6 de novembro ás 21:30 h no Mar de Vigo, o
Detalles do eventos
Un dos eventos máis destacados da programación do Hematofesti é a Hematogala, que se celebra o xoves 6 de novembro ás 21:30 h no Mar de Vigo, o auditorio máis grande da cidade. Neste gran evento inédito daranse cita o cómico canario Ignatius Farray, un dos maiores referentes da comedia estatal da última década; o grupo galego Grande Amore; a banda local IGMIG; a cantante e empresaria viguesa Silvia Superstar; o xornalista Noel Ceballos; a compositora e podcaster Nus Cuevas e o dúo cómico Sobria y Serena (Arantxa Treus e Jazmín Abuín).
Esta alineación de luxo estará conducida polo cómico Xosé Antonio Touriñán e a escritora María Lado. O espectáculo foi creado para a ocasión e conta coa dirección artística de Roberto Pascual e guión de Luismi Pérez y Rubén Ajau.
Como xa aconteceu na primeira edición, cando se reuniron máis de mil persoas no Mar de Vigo, a Hematogala será o evento máis multitudinario do Hematofesti e unha celebración grupal do legado de Miguel.
Hora
6 novembro, 2025 21:30(GMT+01:00)
Hoxe móvese
novembro


