07nov11:0019:00Hematofesti: Economía e cultura, o binomio fantásticoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 19:00(GMT+01:00) Consorcio Zona Franca de Vigo

Detalles do eventos

Unha parte do festival está enfocada cara o público máis profesional ou especializado. Dentro desta sección atopamos Cultura e economía: o binomio fantástico, dúas xornadas nas que se reflexionará sobre a cultura como ferramenta social e económica. O mércores 5 ás 18:30 terá lugar no Auditorio do Consorcio da Zona Franca unha conversa entre Ledicia Costas e Luz Casal, lenda da música estatal e organizadora do festival de música Festival de la Luz. 

O venres 7, no mesmo espazo, celebrarase de 11:00 a 19:00 h arredor dos mesmos temas, con invitados de renome como o xornalista Noel Ceballos, o actor e empresario Xosé Antonio Toruiñán, o especialista en cine Alejandro Pérez, a artesá Elena Ferro ou a poeta e Premio Nacional Yolanda Castaño. A entrada é de balde para todas as actividades.

11:00 a 19:00 hCultura e economía: o binomio fantástico – Auditorio do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

11:00 h – Saúdo inaugural co Delegado Especial da Zona Franca, David Regades, e Ledicia Costas

11:30h a 12:30 h Profesionais do cinema e da televisión. Noel Ceballos entrevista a Alberto Vázquez, director de cine de animación, e Alejandro Pérez  (@thehardmenpath), especialista en cine e efectos especiais.

12:30h a 13:00 h – Pausa café

13:00h a 14:00 h – Conversa con empresarios do sector cultural: María Moya (Prodigioso Volcán) e Xosé Antonio Touriñán (Ainé).

16:00h a 17:00 h – Mesa redonda cos empresarios Jorge Pallarés (Bodegas Martín Códax), Elena Ferro (Eferro), Pedro González (Leite Noso SL), Juan Louro (director de Vialia) e Antonio Temprano Gutiérrez (Delegado da AEAT en Vigo).  

17:00h a 18:00 h – Vivir da cultura: Ledicia Costas, Yolanda Castaño e Lucía Aldao.

18:00h a 18:30 h – Presentación do proxecto M8 por ler, a rede do libro en galego de Fundación Xistral, Ana Cristina Juncal

Hora

7 novembro, 2025 11:00 - 19:00(GMT+01:00)

Localización

Consorcio Zona Franca de Vigo

Rúa do Areal, 46, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events