Detalles do eventos
Quizais para o gran público os seus nomes non sexan moi recoñecidos, pero estamos ante dous referentes nos seus respectivos ámbitos. A coruñesa Bea Lema é ilustradora e
Detalles do eventos
Quizais para o gran público os seus nomes non sexan moi recoñecidos, pero estamos ante dous referentes nos seus respectivos ámbitos. A coruñesa Bea Lema é ilustradora e autora de banda deseñada, recentemente galardoada co Premio Nacional de Cómic. Emprega o bordado e o tecido como soporte para trasladar as súas imaxes, tratando polo xeral temas de corte autobiográfico. Por outra banda, o barcelonés Javier Jaén centra o seu traballo na ilustración e deseño editorial, traballando para medios e compañías como The New York Times, New Yorker, Time, Washington Post, National Geographic, Greenpeace, Penguin Random House, UNESCO, Louis Vuitton, Netflix, Warner, Zara, Microsoft ou El Deseo.
O mércores 5 ás 19:30 h na Sede da Deputación falarán sobre ilustración e deseño xunto con Alberto Vázquez.
Hora
5 novembro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



