UNDERFEST

07nov21:30Hematofesti: Comedy Club con IgnatiusFESTIVAIS E FEIRAS | Entradas esgotadas21:30(GMT+01:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Ademais de participar na Hematogala, Ignatius Farray imparte unha residencia humorística na que catro persoas aprenderán os trucos da comedia da man dun dos seus grandes mestres. 

En Queremos Humor! Academia de comedia, o humorista canario guía obradoiros e titorías a catro estudantes de arte dramático, seleccionados entre moitos candidatos de toda Galicia. Trátase dunha adaptación da súa Academia Palmera de Comedia, que realiza no Festival Desaquellados de La Palma. 

O curso desenvólvese durante toda a semana no Vitruvia Club. Ademais dos consellos de Ignatius, tamén recibirán formación da man de Paula Carballeira (Premio Nacional de Literatura Dramática) e Sobria y Serena (Arantxa Treus e Jazmín Abuín). 

O venres 7 os catro estudantes amosarán o aprendido no Comedy Club, tamén no Vitruvia, que xa esgotou todas as entradas. 

Hora

7 novembro, 2025 21:30(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Rúa da Reconquista, 7, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events