Hematofesti: A cultura tamén é economía
Detalles do eventos
O festival impulsado por Ledicia Costas e Alberto Vázquez en tributo ao Hematocrítico xira arredor da literatura infantil, o galego e o humor como industria
Detalles do eventos
O festival impulsado por Ledicia Costas e Alberto Vázquez en tributo ao Hematocrítico xira arredor da literatura infantil, o galego e o humor como industria e vehículo de aprendizaxe. O evento, que se celebrará do 6 ao 10 de novembro, aposta polo ambiente familiar e a boa onda que caracterizaba ao Hematocrítico nas redes sociais.
As entradas para asistir ás dúas galas que programa o evento están á venda nesta ligazón.
Preme aquí para consultar toda a programación
Venres 8 ás 19:00 h – Afterwork con CIJE. A cultura tamén é economía
Coloquio entre Xabier Romero (Editorial Elvira), Víctor Mascato (Triqueta Editora) e Tamara Novoa (Revista A Movida)
Tres figuras viguesas de gran relevancia no ámbito da empresa e a divulgación cultural compartirán unha hora cxs emprendedorxs de Vigo para reflexionar en común acerca do valor da produción cultural na economía. Hematocrítico foi un exemplo neste sentido: a súa capacidade de influencia levouno a colaborar profesionalmente con grandes axencias de comunicación e empresas como Nintendo ou Roche, entre moitas.
Máis
Hora
8 novembro, 2024 19:00(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes