
Detalles do eventos
Chévere Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure, con apoio de AGADIC/Xunta de Galicia. Colaboran: Centro Dramático
Detalles do eventos
Chévere
Unha co-produción de Chévere co Centro Dramático Nacional e co Teatre Lliure, con apoio de AGADIC/Xunta de Galicia. Colaboran: Centro Dramático Galego, Concello de Ames, ONCE, Sala Ártika. Obra en lingua oral (galego) e lingua de signos (LSE), con textos proxectados en galego. Todo comeza ao descubrir a historia dunha muller, totalmente descoñecida para Chévere, chamada Helen Keller. Nacida en Tuscumbia (Alabama), convértese nunha celebridade mundial ao ser, segundo as fontes oficiais, a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard, despois dun duro proceso de aprendizaxe dende os oito anos. Polo menos esta é a parte da súa vida que se fixa na memoria colectiva, como unmodelo exemplar de superación da discapacidade. E polo que se sabe, a maioría dos seus escritos acaban rescatados como simples aforismos motivacionais. Pero ao investigar en varios arquivos dixitais norteamericanos vanse descubrindo outras facetas desconcertantes da súa vida, que son sistematicamente ocultadas. E o máis sorprendente, nos últimos anos difúndese masivamente polas redes sociais unha campaña que afirma que a historia de Helen Keller é falsa, incluíndo unha petición en change.org para eliminala da historia.
Máis
Hora
9 marzo, 2024 20:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual