31out17:0020:00Hallowen en Zona NaúticoPEQUECHOS | De balde17:00 - 20:00(GMT+01:00) Porta do Sol
Detalles do eventos
O Centro Comercial Aberto Zona Náutico de Vigo celebra o Samaín cunha proposta divertida para toda a familia. Durante eses días, os comercios asociados ofrecerán
Detalles do eventos
O Centro Comercial Aberto Zona Náutico de Vigo celebra o Samaín cunha proposta divertida para toda a familia.
Durante eses días, os comercios asociados ofrecerán unha promoción especial: pintacaras de balde coa túa compra, unha actividade pensada especialmente para os máis pequenos, que poderán transformarse en meigas, monstros, vampiros ou pantasmas.
A actividade principal terá lugar o 31 de outubro, de 17:00 a 20:00 horas, nas carpas situadas en Rosalía 41 (co calexón Balado) e en Porta do Sol (escenario). Será un punto de encontro para gozar en familia, apoiar o comercio local e contaxiarse do espírito festivo.
Hora
31 outubro, 2025 17:00 - 20:00(GMT+01:00)
Localización
Porta do Sol
Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro


